![]() |
| Canto desfrutaron os máis pequenos da actuación de Héctor Lorenzo! |
lunes, 19 de diciembre de 2016
viernes, 9 de diciembre de 2016
Música maestro/a!
O vindeiro xoves, visitaranos Héctor Lorenzo, encargado de musicar a obra "Cousas de Papá".Poderán gozar da súa actuación tanto o alumnado de Infantil como o de 1º e 2 º de Primaria.
lunes, 28 de noviembre de 2016
viernes, 25 de noviembre de 2016
martes, 15 de noviembre de 2016
Mascota gañadora.
Chegou o día!. Xa temos mascota para a nosa biblioteca, trátase dunha creación de Mar Fraga, alumna de 2º de Primaria. Queremos agradecer a vosa participación, non resultou doado escoller a gañadora de entre tanta calidade. Moitas grazas, e parabéns aos finalistas e gañadora!. Agora soamente nos queda poñerlle un nome...
A continuación amosámosvos as tres mascotas finalistas
Nos próximos días procederemos á entrega de diplomas e expoñeremos as obras de todos os participantes.
A continuación amosámosvos as tres mascotas finalistas
| 1ª Finalista.Autora: Mar Fraga (2º E.P.) " Se che gusta a aventura, desfruta da lectura". |
| 2ªFinalista.Autor:Ángel Molina López (E.I.) "Non podo durmir sen un conto". |
| 3ª Finalista. Autor: Guillermo Romero M. (E.Infantil) "Libros, caminos y días dan al hombre sabiduría" |
lunes, 17 de octubre de 2016
Queremos
pedirvos a vosa colaboración para permitir que funcione coma un espazo aberto a
toda a comunidade educativa do C.E.I.P. Labaca. Deste xeito, ao longo do curso
promoveremos unha serie de actividades orientadas a cumprir este obxectivo, nas
que trataremos de involucrarvos, en maior ou menor medida. Pois a vosa
colaboración, proporcionaralle, sen dúbida, un motivo máis para ler aos nosos
escolares.
A
primeira destas actividades consiste en crear unha mascota para a
biblioteca do centro, e tratar así, de achegar máis este espazo aos nenos/as do
centro. Aquí vos deixamos as bases, contamos coa vosa participación!
BASES DO
CONCURSO PARA O DESEÑO DA MASCOTA DA BIBLIOTECA
DESTINATARIOS
Poderá
participar neste concurso todo o alumnado - e as súas familias - do C.E.I.P. Labaca.
DESEÑO DA MASCOTA:
- A mascota debe ser orixinal. Pode ser un animal, un
ser inventado pero en todo caso un ser vivo.
- En ningún caso se admitirán deseños plaxiados nin
inspirados en debuxos de personaxes coñecidos.
- Acompañando ao debuxo os participantes escribirán un
eslogan ou frase curta referida á lectura como fonte de diversión,
aventura, lecer…
- Os traballos realizaranse en papel, debuxados a man
ou realizados por medios informáticos, coloreados empregando calquera
técnica, e deben respectar un
tamaño máximo dun folio (DIN A4).
PRESENTACIÓN
- Os traballos
entregaranse sen asinar e sen o nome do autor/a. Para garantir o anonimato
da autoría introduciranse os datos dos participantes, nome completo e
curso no que está matriculado, nun sobre branco e pechado que se grampará
ao debuxo. No exterior do sobre, o/a participante deberá indicar o seu
eslogan. Cada participante poderá presentar un único debuxo.
LUGAR E DATA DE PRESENTACIÓN:
- Todos os traballos deben entregarse de maneira
impresa. O prazo de entrega remata o 14 de novembro de 2016 . Os
traballos serán entregados en conserxería e se gardarán nunca caixa especialmente
habilitada para o concurso. Os que non cumpran estes requisitos quedarán
eliminados.
5.
XURADO:
O
xurado do concurso estará formado polos membros que compoñen o equipo da biblioteca . O xurado poderá
declarar deserto o premio e en todo caso, o fallo será inapelable.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)





