Bibliotecas escolares

viernes, 24 de marzo de 2017

Visita da autora de "Esmeraldina, a pequena defunta"

O pasado mércores contamos coa visita de Ledicia Costas, que moi amabremente, respostou ás preguntas realizadas polos alumnos de 5º e 6º, lectores de "Esmeraldina a pequena defunta" e "Escarlatina a cociñeira defunta", respectivamente. As curiosidades dos estudantes xiraron entorno aos dous libros, aínda que tamén se interesaron por outros aspectos relacionados coa autora: os seus gustos-gran afeccionada á Segunda Guerra Mundial, entusiasta admiradora de Agustín Fernández Paz- , a súa formación- Licenciada en Dereito...Algún incluso se atreveu a aportar máis dunha suxerencia para futuros libros; neste eido moito poderían contribuir estes dous alumnos de sexto que aparecen na seguinte instantánea acompañados de Ledicia Costas: Queren ser escritores!
Ledicia firmando algún dos exemplares dos seus libros.
Dedicatoria para o centro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario