Bibliotecas escolares

lunes, 19 de diciembre de 2016

Canto desfrutaron os máis pequenos da actuación de Héctor Lorenzo!

viernes, 9 de diciembre de 2016

Música maestro/a!

O vindeiro xoves, visitaranos Héctor Lorenzo, encargado de musicar a obra "Cousas de Papá".Poderán gozar da súa actuación tanto o alumnado de Infantil como  o de 1º e 2 º de Primaria.


lunes, 28 de noviembre de 2016

Concurso mascota: Entrega de premios.

Aquí vos deixamos as fotografías da entrega de premios.
1º Premio

1º Premio

2ºPremio.

3ºPremio.

viernes, 25 de noviembre de 2016

Bo día! Como xa comprobaron moitos dos nosos alumnos, os deseños das mascotas participantes no concurso están expostos na biblioteca do centro.  Hoxe, venres 25,  Andrés, o director do centro, procederá á entrega dos diplomas. Grazas de novo a todos por participar! E ide pensando un nome para a nosa mascota. Nos próximos días habilitaremos un buzón no que poderedes depositar as vosas suxerencias.



martes, 15 de noviembre de 2016

Mascota gañadora.

Chegou o día!. Xa temos mascota para a nosa biblioteca, trátase dunha creación de Mar Fraga, alumna de 2º de Primaria. Queremos agradecer a vosa participación, non resultou doado escoller a gañadora de entre tanta calidade. Moitas grazas, e parabéns  aos finalistas e gañadora!. Agora soamente nos queda poñerlle un nome...
A continuación amosámosvos as tres mascotas finalistas




1ª Finalista.Autora: Mar Fraga (2º E.P.)
" Se che gusta a aventura, desfruta da lectura".





2ªFinalista.Autor:Ángel Molina López (E.I.)
"Non podo durmir sen un conto".

3ª Finalista. Autor: Guillermo Romero M. (E.Infantil)
"Libros, caminos y días dan al hombre sabiduría"
Nos próximos días procederemos á entrega de diplomas e expoñeremos as obras de todos os participantes.

lunes, 17 de octubre de 2016

       
     No noso centro, e dende a biblioteca especialmente, pretendemos crear e fomentar no alumnado o hábito e o gusto pola lectura, ofrecerlle a oportunidade de crear e utilizar a información para adquirir coñecementos, para comprender,  para potenciar a súa imaxinación e sobre todo como un instrumento  de diversión.

   Queremos pedirvos a vosa colaboración para permitir que funcione coma un espazo aberto a toda a comunidade educativa do C.E.I.P. Labaca. Deste xeito, ao longo do curso promoveremos unha serie de actividades orientadas a cumprir este obxectivo,  nas que trataremos de involucrarvos, en maior ou menor medida. Pois  a vosa colaboración, proporcionaralle, sen dúbida, un motivo máis para ler aos nosos escolares.

         A  primeira destas actividades consiste en crear unha mascota para a biblioteca do centro, e tratar así, de achegar máis este espazo aos nenos/as do centro. Aquí vos deixamos as bases, contamos coa vosa participación!


BASES DO CONCURSO PARA O DESEÑO DA MASCOTA DA BIBLIOTECA
           
DESTINATARIOS
Poderá participar neste concurso todo o alumnado -  e as súas  familias -  do C.E.I.P. Labaca.
  DESEÑO DA MASCOTA:
  1. A mascota debe ser orixinal. Pode ser un animal, un ser inventado pero en todo caso un ser vivo.
  2. En ningún caso se admitirán deseños plaxiados nin inspirados en debuxos de personaxes coñecidos.
  3. Acompañando ao debuxo os participantes escribirán un eslogan ou frase curta referida á lectura como fonte de diversión, aventura, lecer… 
  4. Os traballos realizaranse en papel, debuxados a man ou realizados por medios informáticos, coloreados empregando calquera técnica,  e deben respectar un tamaño máximo dun folio (DIN A4). 
PRESENTACIÓN
  1.  Os traballos entregaranse sen asinar e sen o nome do autor/a. Para garantir o anonimato da autoría introduciranse os datos dos participantes, nome completo e curso no que está matriculado, nun sobre branco e pechado que se grampará ao debuxo. No exterior do sobre, o/a participante deberá indicar o seu eslogan.  Cada participante poderá presentar un único debuxo.
LUGAR E DATA DE PRESENTACIÓN: 
  1. Todos os traballos deben entregarse de maneira impresa. O prazo de entrega remata o 14 de novembro de 2016 . Os traballos serán entregados en conserxería e se gardarán nunca caixa especialmente habilitada para o concurso. Os que non cumpran estes requisitos quedarán eliminados. 
5. XURADO:
O xurado do concurso estará formado polos membros que compoñen o  equipo da biblioteca . O xurado poderá declarar deserto o premio e en todo caso, o fallo será inapelable.