Bibliotecas escolares

viernes, 24 de marzo de 2017

Visita da autora de "Esmeraldina, a pequena defunta"

O pasado mércores contamos coa visita de Ledicia Costas, que moi amabremente, respostou ás preguntas realizadas polos alumnos de 5º e 6º, lectores de "Esmeraldina a pequena defunta" e "Escarlatina a cociñeira defunta", respectivamente. As curiosidades dos estudantes xiraron entorno aos dous libros, aínda que tamén se interesaron por outros aspectos relacionados coa autora: os seus gustos-gran afeccionada á Segunda Guerra Mundial, entusiasta admiradora de Agustín Fernández Paz- , a súa formación- Licenciada en Dereito...Algún incluso se atreveu a aportar máis dunha suxerencia para futuros libros; neste eido moito poderían contribuir estes dous alumnos de sexto que aparecen na seguinte instantánea acompañados de Ledicia Costas: Queren ser escritores!
Ledicia firmando algún dos exemplares dos seus libros.
Dedicatoria para o centro.


martes, 21 de marzo de 2017

Mañán recibimos a Ledicia Costas, premio Merlín

Mañán ven visitarnos a escritora galega Ledicia Costas; autora de Escarlatina, a cociñeira defunta da súa precuela : Esmeraldina, a pequena defunta. 
Os nenos/as de 5º estiveron preparando un panel, a modo de resumo, de Esmeraldina..., obra que coñecen moi ben, pois estiveron traballando con ela na área de lingua galega.


Por fin rematado...!







jueves, 16 de marzo de 2017

Doazón da ANPA


 Aquí tedes os libros mercados pola ANPA cos cartos obtidos no "mercadillo" do pasado ano. Moitas grazas por participar tan activamente!


domingo, 12 de marzo de 2017

Leo no Reino Unido...

Leo xa comenzou a suxerirnos algunha das obras que está coñecendo no Reino Unido. Ao longo das vindeiras semanas irá deixándonos máis referencias a distintos autores. Empezade xa a ler!