Bibliotecas escolares

lunes, 26 de junio de 2017

Como colofón ao mes de maio e clausurando xa o curso no que a actividades de animación á lectura se refire, contamos coa visita da actriz galega Victoria Pérez, que diseñou unha serie de actividades moi dinámicas e divertidas baseadas na lectura obrigada Sapo y Sepo - 1º e2º de primaria-e Momo, para os alumnos de 5º de primaria.

jueves, 18 de mayo de 2017

Con motivo da celebración das Letras Galegas, o equipo da biblioteca organizou un concurso para comprobar que grupos eran os máis coñecedores do escritor  homenaxeado este ano: Carlos Casares. Estes dous grupos, un de segundo e outro de sexto curso, resultaron ser o gañadores. Nos próximos días procedermos coa entrega de premios. Moitas grazas a todos pola vosa participación!

lunes, 8 de mayo de 2017

Contacontos na biblioteca

Aproveitando a recente conmemoración do día do libro - ademais da exitosa feira do libro levada a cabo pola ANPA-  os nenos de quinto tamén organizaron unha serie de contacontos, elaborados por eles mismos, dos que desfrutaron os máis pequeniños.



viernes, 24 de marzo de 2017

Visita da autora de "Esmeraldina, a pequena defunta"

O pasado mércores contamos coa visita de Ledicia Costas, que moi amabremente, respostou ás preguntas realizadas polos alumnos de 5º e 6º, lectores de "Esmeraldina a pequena defunta" e "Escarlatina a cociñeira defunta", respectivamente. As curiosidades dos estudantes xiraron entorno aos dous libros, aínda que tamén se interesaron por outros aspectos relacionados coa autora: os seus gustos-gran afeccionada á Segunda Guerra Mundial, entusiasta admiradora de Agustín Fernández Paz- , a súa formación- Licenciada en Dereito...Algún incluso se atreveu a aportar máis dunha suxerencia para futuros libros; neste eido moito poderían contribuir estes dous alumnos de sexto que aparecen na seguinte instantánea acompañados de Ledicia Costas: Queren ser escritores!
Ledicia firmando algún dos exemplares dos seus libros.
Dedicatoria para o centro.


martes, 21 de marzo de 2017

Mañán recibimos a Ledicia Costas, premio Merlín

Mañán ven visitarnos a escritora galega Ledicia Costas; autora de Escarlatina, a cociñeira defunta da súa precuela : Esmeraldina, a pequena defunta. 
Os nenos/as de 5º estiveron preparando un panel, a modo de resumo, de Esmeraldina..., obra que coñecen moi ben, pois estiveron traballando con ela na área de lingua galega.


Por fin rematado...!







jueves, 16 de marzo de 2017

Doazón da ANPA


 Aquí tedes os libros mercados pola ANPA cos cartos obtidos no "mercadillo" do pasado ano. Moitas grazas por participar tan activamente!


domingo, 12 de marzo de 2017

Leo no Reino Unido...

Leo xa comenzou a suxerirnos algunha das obras que está coñecendo no Reino Unido. Ao longo das vindeiras semanas irá deixándonos máis referencias a distintos autores. Empezade xa a ler!


lunes, 9 de enero de 2017

TRÍPTICO: RECOMENDACIÓNS DE LECTURA

Espero que aproveitarades o Nadal para seguir as recomendacións da nosa mascota lendo algún dos libros propostos por ela: